Xestionámoscho sen custo ningún

Kit Digital: web gratis

Subvención de 3.000€ até o 31 de outubro de 2025

En bbb.gal estamos especializados na creación de páxinas web (ou mellora dunha xa feita) para que o teu negocio teña visibilidade na internet. É dicir, que cando a xente busque un servizo ou un produto en Google, te atope a ti entre os primeiros resultados. Agora, ademais, podes ter tamén un computador gratis, todo grazas ao Bono Kit Digital.

Que é iso do Kit Digital?

O Kit Digital é unha iniciativa do Goberno de España, financiada polos fondos europeos Next Generation EU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O seu obxectivo é axudar aos emprendedores para adoptar solucións dixitais que impulsen a súa competitividade e eficiencia. O programa ofrece axudas económicas a fondo perdido para pór en marcha diferentes solucións tecnolóxicas.

E non teño que pagar nada?

O noso traballo remunérao o Goberno de España cos fondos da UE. Así que, non, a web a ti sáeche de balde. Simplemente deberás adiantar o pago do IVE da páxina web, que ascende a 420€. Un diñeiro que —como ben sabes— é totalmente deducible na túa declaración trimestral do IVE ou, no caso de que sexas comerciante retallista e non declares IVE trimestral, imputable como gasto na Declaración da Renda.

Pero eu podo solicitalo?

Se es autónomo ou empresa con menos de tres traballadores, até o 31 de outubro de 2025 podes solicitar o Kit Digital. Mais non te preocupes, ao contrario que outros, nós facemos GRATIS por ti todas as xestións coa Administración do Estado para que cho concedan. En bbb.gal traballamos en colaboración coa prestixiosa empresa galega Galicloud, que é Axente Digitalizador oficial rexistrado en red.es.

Nós que temos unha fundación/ONG/asociación, tamén o podemos pedir?

Pois tamén. As fundacións, ONG, entidades sen ánimo de lucro e asociacións poden beneficiarse das subvencións do programa Kit Digital sempre que exerzan actividade económica. Considérase que exercen actividade económica se están dadas de alta nalgún dos epígrafes do IAE (o Imposto de Actividades Económicas), algo bastante común no coñecido como Terceiro Sector. Como norma xeral, se a túa entidade ten un NIF propio e nel figura un número precedido da letra “G”, é posíbel solicitares o Bono Kit Digital.

E iso do ordenador gratis?

Pois como o oes. Desde o 9 de maio de 2024, a subvención do Bono Kit Digital incrementouse de 2.000€ a 3.000€ para autónomos e empresas de menos de tres empregados. Son 1.000€ adicionais que podes (non é obrigatorio se tan só queres a web) destinar á compra dun computador. En bbb.gal poñémoste en contacto cos nosos distribuidores e facilitámosche un catálogo para que elixas o que máis che conveña de entre marcas como HP, Lenovo ou Asus. Como no caso da web, só terás que abonar o IVE (adiantalo, vaia, que logo cho compensan na declaración), que neste caso ascende a 210€.

Preferiría unha impresora…

Lamentabelmente, non é posíbel. O Kit Digital está pensado exclusivamente para computadores portátiles ou computadores de sobremesa novos. Por tanto non pode usarse para outro tipo de equipamento como tabletas, teléfonos, periféricos, etc.

Teño algunhas dúbidas máis

Non te preocupes, é normal! Mais para iso estamos nós: chámanos ou escríbenos e axudámoste a tomar a mellor decisión sen compromiso ningún.

Contacto