Páxinas web low cost

En bbb.gal cremos que a calidade e a estética poden ir da man de prezos accesibles.

Para ti que che cómpre unha web sinxela, mais eficiente; atractiva, mais non pretenciosa; e —moi importante— cun prezo axustado, temos o que precisas.

Páxinas web bbb.gal: boas, bonitiñas e ben baratas.

Proxectos culturais

En bbb.gal estamos especializados no deseño de páxinas web a medida para festivais de música, compañías de teatro, danza, exposicións e mais outros proxectos culturais. Contamos con profesionais da comunicación con moitos anos de experiencia en diversos eidos, algo que nos permite elaborar ademais contidos textuais e audiovisuais de alta calidade.

Saúde

Profesionais da sicoloxía, da odontoloxía, da fisioterapia e doutros servizos sanitarios apostan por contratar unha web para teren visibilidade de cara a posibeis clientes. En bbb.gal ofrecemos a seriedade, confianza e rigor que aplican na súa práctica diaria.

Servizos e comercios

En oficios onde o tempo e a eficiencia son clave, ter unha presenza en liña que reflicta o compromiso e calidade no traballo é esencial. Deseñamos páxinas web personalizadas para profesionais de diferentes sectores como mecánica, supermercados, traballos forestais, librarías, repartición de paquetaría, tendas de roupa… enfocados na practicidade e en mostraren de xeito claro e directo os servizos ofertados.

Restauración

Deseñamos páxinas web pensadas para bares, restaurantes, pubs, catering e outros negocios de hostalaría que desexan amosar o ambiente e a esencia do seu negocio a través dunha imaxe personalizada desde o logo até a carta. Ademais, integramos un menú dixital para lector QR do teléfono móbil pensado para poder ser modificado en calquera intre.

Profesións liberais

Elaboramos webs personalizadas para profesionais da arquitectura, da avogacía, da contabilidade, do sector inmobiliario e doutros moitos co obxectivo de presentar unha imaxe de rigor desde o primeiro contacto. Unha presenza dixital que permita ademias amosar os servizos ofertados de xeito claro, e que facilite un contacto filtrado de potenciais clientes.

Móvil, Tablet, PC/Mac

Os nosos deseños son completamente compatíbeis e perfectamente accesíbeis con todos os ordenadores persoais e dispositivos móbiles: sexa cal for a marca ou o modelo con que se consulte, a túa web verase ben (o que se coñece como Reponsive Web Design).

WP Profesional

Traballamos con modelos profesionais, continuamente actualizados e totalmente personalizábeis de WordPress, o CMS (Sistema de Xestión de Contidos) máis usado no mundo. As mellores ferramentas ao teu servizo desde hai máis de dúas décadas.

Multiexpertos

Contamos con profesionais contrastados en tódolos campos implicados na construción da túa web: informática, deseño, fotografía, comunicación, creación de contidos… Toda a nosa experiencia en funcionamento para un produto bbb.gal

Equipo multidisciplinar para la creación de páginas web
×